Benvida

Ola a tod@s! Benvid@s a esta nova aventura escolar. Neste espazo irémonos atopando durante iste curso. Compartiremos experiencias, traballos, actividades, curiosidades..., e amosarémosllas a todos aqueles que queiran asomarse á nosa xanela. Espero que disfrutedes aprendendo e compartindo!! Ata pronto.

domingo, 8 de diciembre de 2013

FEIRÓN DE NADAL

Exitazo de ventas!!!! Moitísimas grazas aos nenos e nenas pola ilusión con que fixeron as súas artesanías e ás familias polo seu apoio e axuda na realización destas preciosidades. En só tres días case agotamos toda a mercancía. Vamos ter que repoñer, e entre deberes e deberes, facer algunha cousiña máis.

Grazas tamén a todos os profes e  nenos e nenas do colexio que mercáchedes algo do noso feirón porque con eso contribuides á nosa EXCURSIÓN DE FIN DE CURSO!!!! Feirón de Nadal on PhotoPeach

No hay comentarios:

Publicar un comentario