Benvida

Ola a tod@s! Benvid@s a esta nova aventura escolar. Neste espazo irémonos atopando durante iste curso. Compartiremos experiencias, traballos, actividades, curiosidades..., e amosarémosllas a todos aqueles que queiran asomarse á nosa xanela. Espero que disfrutedes aprendendo e compartindo!! Ata pronto.

martes, 6 de noviembre de 2012

OBRADOIRO DE LITERATURA



Aplicando técnicas da Gramática da Fantasía de Gianni Rodari, e aproveitando que estabamos en Samaín, escribimos un conto de medo entre toda a clase. A ver si  vos gusta.  Ai mamasiña, que medo!!!!



Técnica : A PEDRA NO ESTANQUE
A PALABRA DE HOXE É......CABAZA!!

Asociacións dos nenos/as
medo - tolo - vampiro - pantasma - susto - zombi - samaín coitelo ollos - morte - redonda - morto - choros - tonto - Frankestein.

Cada neno, aleatoriamente, vai engadindo unha oración ao conto. Única regra: teñen que aperecer todas as palabras das asociacións

MEDO SIN TÍTULO  

      Conta unha lenda que nunha noite de Samaín  nunha pequena  vila abriuse a porta que divide este mundo do máis alá (profe). Tamén contan que non era a primeira vez que se abrira esa porta. Xa sucedera moitos anos antes e un home valente da vila, chamado Frankenstein,  atravesáraa (Marta). Aquel rapaz quería facerse unha idea do que podería ser o outro mundo (Ainoha). Pero non volveu aparecer polo que ninguén sabe o que puido atopar ali. Dende entón, todas as noites a súa ánima aparece polas rúas asustando ás xentes de ben (Elisa).

      A segunda vez que se abriu a porta, moitos aldeáns atrevéronse a pasar pero ningún volveu (Carmen). Menos o último deles que volveu arrepiado co medo, branco e cheo de bágoas (Bieito). Viña cunha cabaza redonda na man que lle servía para alumear as rúas polas que pasaba (Jaime). Tan branco o vían que parecía que estivese morto (Veri). E a verdade é que estaba máis morto que vivo, porque lle absorberan a alma (Adrián).

      Todos na aldea reuníronse canda el, mortos de curiosidade e reclamáronlle respostas ás súas preguntas (profe). O que el lles contou foi que o que ali atopou era marabilloso, extraordinario e realmente incrible (Carlos C). Nada de vampiros, pantasmas, zombies nin mortos vivintes (profe). Alí habitaban os seus antepasados, amigos e familiares, moito máis felices que no mundo real (Jessi).
Porque alí había moito diñeiro, ninguén coñecía a crise, non tiñan enfermidades nin preocupacións pola factura da luz ou os estudos dos rapaces (Elisa). Tampouco existían os conflictos ou os accidentes e as xentes eran agradables e bondadosas (Carmen).

    Mentres falaba algunha xente empezaba a convencerse de que o que contaba era verdade (Carlos G). Outros pensaban que este home estaba tolo e non sabía o que dicía (María). Pero tantas boas cousas lles relatou, que todos os da vila decidiron cruzar a porta (Martín).

Todo era un engano... porque en realidade o outro mundo estaba cheo de mortos e moitos choros (Brais A). Cando quixeron volver, a porta xa se pechara pero o home da cabaza quedara no outro lado (Carlos D). Cos ollos ben abertos contemplaron como a alma do rapaz pasaba do mundo dos mortos ao dos vivos e se pousaba na súa cabaza (Jessi). Ese era o trato, que se conseguía que todos os habitantes cruzaran a porta, devolveríanlle a súa alma (Noa)

A vila quedou deserta e dende entón, nas noites de Samaín a xente que por alí pasou atinou a ver un homiño triste carretando unha cabaza na man... (todos). Pero isto só é unha lenda inventada na clase de 5º A, así que a noite de Samaín podedes durmir tranquilos que ninguén vos vai invitar a cruzar a porta (todos). AHAHAHAHAHA !!!!!!!!!!!!

1 comentario:

  1. ¡Moi entretenido!.
    Gustoume a idea de facer un conto entre todos, quedou moi ben.

    ResponderEliminar