Ola a tod@s! Benvid@s a esta nova aventura escolar. Neste espazo irémonos atopando durante iste curso. Compartiremos experiencias, traballos, actividades, curiosidades..., e amosarémosllas a todos aqueles que queiran asomarse á nosa xanela. Espero que disfrutedes aprendendo e compartindo!! Ata pronto.
jueves, 29 de noviembre de 2012
DISCURRE CACHOLA
Vaia tempo que vai!! Para aqueles de vos que estades aburridaos na casa podedes ir practicando con estes exercicios. Son moi divertidos. Discurre cachola que estás na escola!
miércoles, 28 de noviembre de 2012
CELSO EMILIO FERREIRO
Xa sabedes que estes días andivemos a traballar na vida e obra de Celso Emilio Ferreiro. Hoxe, xuntámonos cos de 5ºB e lle rendemos a nosa pequena homenaxe, lendo e recitando algún dos seus poemas. Logo colgamos os nosos traballos no taboleiro da lingua.
lunes, 26 de noviembre de 2012
COÑECEMOS O MEDIO
A TERRA
Estamos no interesantísimo tema da Terra. Cantas cousas hai que aprender! Canto mellor a coñezamos mais e mellor a coidaremos Ten que durar polo menos outros 4.500 millońs de anos.
viernes, 23 de noviembre de 2012
CELSO EMILIO FERREIRO
Este ano é o centenario de Celso Emilio Ferreiro. Na clase ímoslle rendir un pequeno homenaxe lendo algún dos seus poemas e facendo unha pequena exposición. Empezaremos por esta unidade didáctica que publicou a Xunta de Galicia
lunes, 19 de noviembre de 2012
QUERIDA BIBLIOTECA
Un dos recunchos máis bonitos que temos no centro é a nosa biblioteca. É un lugar máxico onde existen mundos infinitos e habitan seres fantásticos.
O pasado venres invitáronnos á súa reinauguración (proba a decilo rápido) porque un gran artista, Ito, decorouna con preciosísimas ilustracións. O mestre de ceremonias, Julio, contounos un conto . Mirade que atentísimos estabamos...
lunes, 12 de noviembre de 2012
¡¡ATENCIÓN, HUESO!!
Uno de los huesos duros de roer en primaria siempre es el de la acentuación. Como mejor se aprende a acentuar es acentuando :), por lo que haremos cientos, miles, millones de ejercicios. Así desarrollaremos y perfeccionaremos nuestra memoria visual y conseguiremos que las palabras nos salgan automáticamente bien, sin necesidad de pensar.
Empecemos por algo sencillo...
domingo, 11 de noviembre de 2012
INTERESANTE, INTERESANTE...
Con permiso da profe Mari, comparto este video sobre as Fragas, aparecido na TVG. Podemos aproveitar datos para o noso traballo sobre as Fragas do Eume. Interesante...
NON ESTÁ NOS LIBROS...
Compartir, convivir, cooperar... Disfrutar, participar, lembrar... Aprender do pasado e proxectar ao futuro.
No colexio non todo o que aprendemos está nos libros. Tamén temos tempo para incorporar as nosas tradicións no currículo e contribuir a que sigan vivas.
Pasámolo de medo!!!
miércoles, 7 de noviembre de 2012
COÑECEMOS O MEDIO
Semana outonal, húmida e fría. Pero este mércores amenceu despexado e soleado. Collimos os nosos cadernos de campo e marchamos para as Fragas do Eume. Nesta ocasión imos traballar sobre un ecosistema terrestre: un bosque atlántico costeiro. Queremos aprender a coñecer, disfrutar e conservar esta marabilla da natureza .
Houbo quen non deixou de escribir no seu caderno e quen recolleu follas de todo tipo do chan. Con todo o que recolleron os nosos sentidos e o que estudemos na clase faremos un traballo que xa vos mostraremos. Namentras, disfrutade das fotos.
Aproveito para recomendarvos a lectura de "No corazón do bosque" de Agustín Fernández Paz e descubriredes que nas Fragas do Eume hai algún habitante máis ainda que ninguén vos falou del...
Houbo quen non deixou de escribir no seu caderno e quen recolleu follas de todo tipo do chan. Con todo o que recolleron os nosos sentidos e o que estudemos na clase faremos un traballo que xa vos mostraremos. Namentras, disfrutade das fotos.
Aproveito para recomendarvos a lectura de "No corazón do bosque" de Agustín Fernández Paz e descubriredes que nas Fragas do Eume hai algún habitante máis ainda que ninguén vos falou del...
martes, 6 de noviembre de 2012
COÑECEMOS O MEDIO
Xusto é dicir que cando chegamos o luns á escola a nosa peceira cheiraba a "mar morto". Camaróns patas arriba, peixes flotando, minchas fuxindo...Pero como bos científicos que somos, investigaremos as causas deste desastre, cambiaremos algún dos factores e volveremos a intentalo. Hai quen dixo que había demasiadas algas; outros apuntaban a que a auga estaba quente; tamén comentaron que o osíxeno da auga acabouse durante a fin de semana, e a morte duns levou á morte doutros.
Conclusións:
-Nun ecosistema hai moitos factores que inflúen.
- Os individuos dun ecosistema relaciónanse entre sí de moi diversas maneiras.
- Un "científico" non se rinde á primeira de cambio.
Seguiremosvos contando...
Conclusións:
-Nun ecosistema hai moitos factores que inflúen.
- Os individuos dun ecosistema relaciónanse entre sí de moi diversas maneiras.
- Un "científico" non se rinde á primeira de cambio.
Seguiremosvos contando...
COÑECEMOS O MEDIO
Estamos a estudar nos libros os ecosistemas. É o que toca. Pero para saber máis queremos observar en vivo e en directo. Temos un entorno de luxo así que empezaremos por un ecosistema mariño.
A nosa intención é recrear na aula un ecosistema intermareal. No cole temos a peceira, e aquí ao ladiño, na praia de Zopazos todo o demáis. . Venres pola mañá. Marea baixa. Trueiros e botas de auga. Mirade....
OBRADOIRO DE LITERATURA
Aplicando técnicas da Gramática da Fantasía de Gianni Rodari, e aproveitando que estabamos en Samaín, escribimos un conto de medo entre toda a clase. A ver si vos gusta. Ai mamasiña, que medo!!!!
Técnica
: A PEDRA NO ESTANQUE
A PALABRA DE HOXE
É......CABAZA!!
Asociacións dos nenos/as
medo
- tolo - vampiro - pantasma - susto - zombi - samaín
coitelo ollos - morte - redonda - morto - choros -
tonto - Frankestein.
Cada neno, aleatoriamente, vai engadindo unha oración ao conto. Única regra: teñen que aperecer todas as palabras das asociacións
Cada neno, aleatoriamente, vai engadindo unha oración ao conto. Única regra: teñen que aperecer todas as palabras das asociacións
MEDO SIN TÍTULO
Conta
unha lenda que nunha noite de Samaín nunha pequena vila abriuse a porta
que divide este mundo do máis alá (profe).
Tamén contan que non era a primeira vez que se abrira esa porta. Xa
sucedera moitos anos antes e un home valente da vila, chamado
Frankenstein, atravesáraa (Marta).
Aquel rapaz quería facerse unha idea do que podería ser o outro
mundo (Ainoha).
Pero non volveu aparecer polo que ninguén sabe o que puido atopar
ali. Dende entón, todas as noites a súa ánima aparece polas rúas
asustando ás xentes de ben (Elisa).
A
segunda vez que se abriu a porta, moitos aldeáns atrevéronse a
pasar pero ningún volveu (Carmen). Menos o último deles que
volveu arrepiado co medo, branco e cheo de bágoas (Bieito).
Viña cunha cabaza redonda na man que lle servía para alumear as
rúas polas que pasaba (Jaime). Tan branco o vían que parecía
que estivese morto (Veri). E a verdade é que estaba máis
morto que vivo, porque lle absorberan a alma (Adrián).
Todos
na aldea reuníronse canda el, mortos de curiosidade e reclamáronlle
respostas ás súas preguntas (profe). O que el lles contou
foi que o que ali atopou era marabilloso, extraordinario e realmente
incrible (Carlos C). Nada de vampiros, pantasmas, zombies nin
mortos vivintes (profe). Alí habitaban os seus antepasados,
amigos e familiares, moito máis felices que no mundo real (Jessi).
Porque
alí había moito diñeiro, ninguén coñecía a crise, non tiñan
enfermidades nin preocupacións pola factura da luz ou os estudos dos
rapaces (Elisa). Tampouco existían os conflictos ou os
accidentes e as xentes eran agradables e bondadosas (Carmen).
Mentres
falaba algunha xente empezaba a convencerse de que o que contaba era
verdade (Carlos G). Outros pensaban que este home estaba tolo
e non sabía o que dicía (María). Pero tantas boas cousas
lles relatou, que todos os da vila decidiron cruzar a porta
(Martín).
Todo era un engano... porque en realidade o outro mundo estaba cheo
de mortos e moitos choros (Brais A). Cando quixeron volver, a
porta xa se pechara pero o home da cabaza quedara no outro lado
(Carlos D). Cos ollos ben abertos contemplaron como a alma do
rapaz pasaba do mundo dos mortos ao dos vivos e se pousaba na súa
cabaza (Jessi). Ese era o trato, que se conseguía que todos
os habitantes cruzaran a porta, devolveríanlle a súa alma (Noa)
A
vila quedou deserta e dende entón, nas noites de Samaín a xente que
por alí pasou atinou a ver un homiño triste carretando unha cabaza
na man... (todos). Pero isto só é unha lenda inventada na
clase de 5º A, así que a noite de Samaín podedes durmir tranquilos
que ninguén vos vai invitar a cruzar a porta (todos).
AHAHAHAHAHA !!!!!!!!!!!!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)