Benvida

Ola a tod@s! Benvid@s a esta nova aventura escolar. Neste espazo irémonos atopando durante iste curso. Compartiremos experiencias, traballos, actividades, curiosidades..., e amosarémosllas a todos aqueles que queiran asomarse á nosa xanela. Espero que disfrutedes aprendendo e compartindo!! Ata pronto.

jueves, 20 de diciembre de 2012

Bo Nadal, Ho Ho Ho on PhotoPeach

BO NADAL!!!!!

As mestras de 5º queremos desexarvos a todas as familias do noso alumnado que teñades unhas felices festas e un fantástico 2013. Un bico grande a todos!!!!!!! Mari e Natalia

RECOMENDACIÓNS DE GÜINO

Como todos os anos Güino deixa as súas recomendacións para este Nadal. Esperamos que vos gusten...


miércoles, 5 de diciembre de 2012

COÑECEMOS O MEDIO

 O outro día falamos na clase do Big Bang, a orixe do universo. Neste video descubriredes que cando falamos de Universo temos que manexar números con moitísimos ceros - centos de miles de millóns- tanto para comprender o tempo como o tamaño. Expandide a vosa mente .......


jueves, 29 de noviembre de 2012

DISCURRE CACHOLA

Vaia tempo que vai!! Para aqueles de vos que estades aburridaos na casa podedes ir practicando con estes exercicios. Son moi divertidos. Discurre cachola que estás na escola!

miércoles, 28 de noviembre de 2012

CELSO EMILIO FERREIRO

Xa sabedes que estes días andivemos a traballar na vida e obra de Celso Emilio Ferreiro. Hoxe, xuntámonos cos de 5ºB e lle rendemos a nosa pequena homenaxe, lendo e recitando algún dos seus poemas. Logo colgamos os nosos traballos no taboleiro da lingua.

Celso Emilio Ferreiro on PhotoPeach

lunes, 26 de noviembre de 2012

COÑECEMOS O MEDIO

A TERRA Estamos no interesantísimo tema da Terra. Cantas cousas hai que aprender! Canto mellor a coñezamos mais e mellor a coidaremos Ten que durar polo menos outros 4.500 millońs de anos.

viernes, 23 de noviembre de 2012

CELSO EMILIO FERREIRO

Este ano é o centenario de Celso Emilio Ferreiro. Na clase ímoslle rendir un pequeno homenaxe lendo algún dos seus poemas e facendo unha pequena exposición. Empezaremos por esta unidade didáctica que publicou a Xunta de Galicia


lunes, 19 de noviembre de 2012

QUERIDA BIBLIOTECA

Un dos recunchos máis bonitos que temos no centro é a nosa biblioteca. É un lugar máxico onde existen mundos infinitos e  habitan seres fantásticos.
O pasado venres invitáronnos á súa reinauguración (proba a decilo rápido) porque un gran artista, Ito, decorouna con preciosísimas ilustracións. O mestre de ceremonias, Julio, contounos un conto . Mirade que atentísimos estabamos...

lunes, 12 de noviembre de 2012

¡¡ATENCIÓN, HUESO!!

Uno de los huesos duros de roer en primaria siempre es el de la acentuación. Como mejor se aprende a acentuar es acentuando :), por lo que haremos cientos, miles, millones de ejercicios. Así desarrollaremos y perfeccionaremos nuestra memoria visual y conseguiremos que las palabras nos salgan automáticamente bien, sin necesidad de pensar.
Empecemos por algo sencillo...

domingo, 11 de noviembre de 2012

INTERESANTE, INTERESANTE...

Con permiso da profe Mari, comparto este video sobre as Fragas, aparecido na TVG. Podemos aproveitar datos para o noso traballo sobre as Fragas do Eume. Interesante...

NON ESTÁ NOS LIBROS...

Compartir, convivir, cooperar... Disfrutar, participar, lembrar... Aprender do pasado e proxectar ao futuro.
No colexio non todo o que aprendemos está nos libros. Tamén temos tempo para incorporar as nosas tradicións no currículo e contribuir a que sigan vivas.
Pasámolo de medo!!!



miércoles, 7 de noviembre de 2012

COÑECEMOS O MEDIO

Semana outonal, húmida e fría. Pero este mércores amenceu despexado e soleado. Collimos os nosos cadernos de campo e marchamos para as Fragas do Eume. Nesta ocasión imos traballar sobre un ecosistema terrestre: un bosque atlántico costeiro. Queremos aprender a coñecer, disfrutar e conservar esta marabilla da natureza .
Houbo quen non deixou de escribir no seu caderno e quen recolleu follas de todo tipo do chan. Con todo o que recolleron os nosos sentidos e o que estudemos na clase faremos un traballo que xa vos mostraremos. Namentras, disfrutade das fotos.

Aproveito para recomendarvos a lectura de "No corazón do bosque" de Agustín Fernández Paz e descubriredes que nas Fragas do Eume hai algún habitante máis ainda que ninguén vos falou del...



martes, 6 de noviembre de 2012

COÑECEMOS O MEDIO

Xusto é dicir que cando chegamos o luns á escola a nosa peceira cheiraba a "mar morto". Camaróns patas arriba, peixes flotando, minchas fuxindo...Pero como bos científicos que somos, investigaremos as causas deste desastre, cambiaremos algún dos factores e volveremos a intentalo. Hai quen dixo que había demasiadas algas; outros apuntaban a que a auga estaba quente; tamén comentaron que o osíxeno da auga acabouse durante a fin de semana, e a morte duns levou á morte doutros.
 Conclusións:
  -Nun ecosistema hai moitos factores que inflúen.
 - Os individuos dun ecosistema relaciónanse entre sí de moi diversas maneiras.
 - Un "científico" non se rinde á primeira de cambio.
Seguiremosvos contando...

COÑECEMOS O MEDIO

Estamos a estudar nos libros os ecosistemas. É o que toca. Pero para saber máis queremos observar en vivo e en directo. Temos un entorno de luxo así que empezaremos por un ecosistema mariño.
A nosa intención é recrear na aula un ecosistema intermareal. No cole temos a peceira, e aquí ao ladiño, na praia de Zopazos todo o demáis. . Venres pola mañá. Marea baixa. Trueiros e botas de auga. Mirade....



OBRADOIRO DE LITERATURA



Aplicando técnicas da Gramática da Fantasía de Gianni Rodari, e aproveitando que estabamos en Samaín, escribimos un conto de medo entre toda a clase. A ver si  vos gusta.  Ai mamasiña, que medo!!!!



Técnica : A PEDRA NO ESTANQUE
A PALABRA DE HOXE É......CABAZA!!

Asociacións dos nenos/as
medo - tolo - vampiro - pantasma - susto - zombi - samaín coitelo ollos - morte - redonda - morto - choros - tonto - Frankestein.

Cada neno, aleatoriamente, vai engadindo unha oración ao conto. Única regra: teñen que aperecer todas as palabras das asociacións

MEDO SIN TÍTULO  

      Conta unha lenda que nunha noite de Samaín  nunha pequena  vila abriuse a porta que divide este mundo do máis alá (profe). Tamén contan que non era a primeira vez que se abrira esa porta. Xa sucedera moitos anos antes e un home valente da vila, chamado Frankenstein,  atravesáraa (Marta). Aquel rapaz quería facerse unha idea do que podería ser o outro mundo (Ainoha). Pero non volveu aparecer polo que ninguén sabe o que puido atopar ali. Dende entón, todas as noites a súa ánima aparece polas rúas asustando ás xentes de ben (Elisa).

      A segunda vez que se abriu a porta, moitos aldeáns atrevéronse a pasar pero ningún volveu (Carmen). Menos o último deles que volveu arrepiado co medo, branco e cheo de bágoas (Bieito). Viña cunha cabaza redonda na man que lle servía para alumear as rúas polas que pasaba (Jaime). Tan branco o vían que parecía que estivese morto (Veri). E a verdade é que estaba máis morto que vivo, porque lle absorberan a alma (Adrián).

      Todos na aldea reuníronse canda el, mortos de curiosidade e reclamáronlle respostas ás súas preguntas (profe). O que el lles contou foi que o que ali atopou era marabilloso, extraordinario e realmente incrible (Carlos C). Nada de vampiros, pantasmas, zombies nin mortos vivintes (profe). Alí habitaban os seus antepasados, amigos e familiares, moito máis felices que no mundo real (Jessi).
Porque alí había moito diñeiro, ninguén coñecía a crise, non tiñan enfermidades nin preocupacións pola factura da luz ou os estudos dos rapaces (Elisa). Tampouco existían os conflictos ou os accidentes e as xentes eran agradables e bondadosas (Carmen).

    Mentres falaba algunha xente empezaba a convencerse de que o que contaba era verdade (Carlos G). Outros pensaban que este home estaba tolo e non sabía o que dicía (María). Pero tantas boas cousas lles relatou, que todos os da vila decidiron cruzar a porta (Martín).

Todo era un engano... porque en realidade o outro mundo estaba cheo de mortos e moitos choros (Brais A). Cando quixeron volver, a porta xa se pechara pero o home da cabaza quedara no outro lado (Carlos D). Cos ollos ben abertos contemplaron como a alma do rapaz pasaba do mundo dos mortos ao dos vivos e se pousaba na súa cabaza (Jessi). Ese era o trato, que se conseguía que todos os habitantes cruzaran a porta, devolveríanlle a súa alma (Noa)

A vila quedou deserta e dende entón, nas noites de Samaín a xente que por alí pasou atinou a ver un homiño triste carretando unha cabaza na man... (todos). Pero isto só é unha lenda inventada na clase de 5º A, así que a noite de Samaín podedes durmir tranquilos que ninguén vos vai invitar a cruzar a porta (todos). AHAHAHAHAHA !!!!!!!!!!!!

martes, 30 de octubre de 2012

COÑECEMOS O MEDIO

Proxecto: Xerminación de sementes
Colocamos sementes de fabas, lentellas e garavanzos en vasos de iogur con algodóns húmidos. Un dos vasos deixámolo á exposición da luz solar, mentres o outro quedaba na escuridades do armario. A partires de ahí observamos, tomamos notas e sacamos conclusións. Como verdadeiros científicos !!! 

martes, 9 de octubre de 2012