Benvida

Ola a tod@s! Benvid@s a esta nova aventura escolar. Neste espazo irémonos atopando durante iste curso. Compartiremos experiencias, traballos, actividades, curiosidades..., e amosarémosllas a todos aqueles que queiran asomarse á nosa xanela. Espero que disfrutedes aprendendo e compartindo!! Ata pronto.

viernes, 20 de diciembre de 2013

FESTIVAL DE NADAL

Aquí tendes un adianto do que foi o estupendo festival de Nadal de onte. Sodes uns artistas!!!!!!
Hoxe repetimos para as familias.


FESTIVAL NADAL 2013 on PhotoPeach

BO NADAL!!!!

                                    Rematamos o primeiro trimestre.Puffff! Canto traballo!!! Agora toca descansar, desfrutar da familia e dos amigos e cargar as pilas para vir con moitas ganas de traballar no segundo trimestre.
Mentras descansades, podedes desfrutar dunhas apaixoantes lecturas, recomendadas polo Equipo de Biblioteca. Aquí vos deixo o enlace.

QUE TEÑADES UNHAS FELICÍSIMAS FESTAS!!!!!

http://bibliocouceiro.blogspot.com.es/2013/12/guino-recomenda-este-nadal.html

martes, 17 de diciembre de 2013

PARA INCLUIR NA CARTA AOS REIS

Para o segundo trimestre imos ler este marabilloso libro de Andrea Maceiras. É moi interesante e ten moito sobre o que reflexionar.....

O segredo do lagarto Arnal. Andrea Maceiras. Editorial Baía.
       

                           

domingo, 8 de diciembre de 2013

FEIRÓN DE NADAL

Exitazo de ventas!!!! Moitísimas grazas aos nenos e nenas pola ilusión con que fixeron as súas artesanías e ás familias polo seu apoio e axuda na realización destas preciosidades. En só tres días case agotamos toda a mercancía. Vamos ter que repoñer, e entre deberes e deberes, facer algunha cousiña máis.

Grazas tamén a todos os profes e  nenos e nenas do colexio que mercáchedes algo do noso feirón porque con eso contribuides á nosa EXCURSIÓN DE FIN DE CURSO!!!! Feirón de Nadal on PhotoPeach

miércoles, 4 de diciembre de 2013

EUROPA



Este ano saímos ao exterior, e como os nosos amigos de "Sopa de Europa", o libro de Rafael Ordóñez que acabamos de ler, imos facer unha emocionante viaxe, pero non só polos países da Unión Europea, senon por tooooooodo o
 continente
http://www.toporopa.eu/es/

viernes, 22 de noviembre de 2013

martes, 19 de noviembre de 2013

viernes, 8 de noviembre de 2013

CIDADANÍA

Tema 2: Dereitos humanos.

                                        http://www.edu.xunta.es/espazoAbalar/sites/espazoAbalar/files/datos/1300441655/contido/index.html


                                           

FUNCIÓN DE REPRODUCCIÓN

Despois das funcións de nutrición e  de relación quedábanos a terceira das funcións dos seres humanos como seres vivos que somos: a reproducción.
Para ir aclarando conceptos premede na imaxe..

                                               http://www.edu.xunta.es/espazoAbalar/sites/espazoAbalar/files/datos/1287563026/contido/index.html


miércoles, 16 de octubre de 2013

jueves, 10 de octubre de 2013

CIDADANÍA

Reflexionamos: que podería ter de bo ser un náufrago? E de malo? Se houbera alguén máis na illa, que cambiaría na súa vida?

viernes, 27 de septiembre de 2013

miércoles, 18 de septiembre de 2013

BENVIDOS AO CURSO 13-14

Xa estamos de volta, que alegría, que ilusión!!! Vellos amigos e compañeiros, novos libros e materiais, novas asignaturas... E para empezar, déixovos uns videos da nova asignatura de CIDADANÍA. Para reflexionar....

lunes, 1 de julio de 2013

RECOMENDACIÓNS PARA O VERÁN

Durmir moito, xogar cos amigos, facer deporte, ir á praia, desfrutar da familia, descansar, vaguear.... e se aínda vos sobra algo de tempo, xogar coas actividades deste libro, interesante e divertido.
Premede na imaxe.



MATERIAL PARA 6º. 2013-2014



2 libretas de espiral tamaño folio raiadas con marxe
2 libretas de espiral tamaño folio cuadriculadas con marxe.
1 estoxo con lapis, bolígrafos azul, negro e vermello, tesoiras, goma, afialapis e pegamento de barra
12 lápices de cores
1 paquete de ceras brandas (manley)
1 paquete de ceras duras (plastidecor).
1 arquivador grande de 2 aneis e con separadores.
Regra, escuadra, cartabón e transportador de ángulos.
Compás.
1 bloc de debuxo de 2 aneis tamaño folio
1 carpeta de gomas tamaño folio

Relixión : 1 libreta grande, raiada ou cuadriculada. Se teñen a do ano pasado en bo estado, vale.
Música: Lembrade que tedes as libretas do ano anterior na clase.

NOTA: Todo o material do ano pasado que estea en bo estado, serve para este. Só hai que mercar novas as 4 libretas. O demáis pódese aproveitar. Lembrade que para artística non hai que mercar nada novo: continuaremos co mesmo libro, block e material.

jueves, 27 de junio de 2013

XOGO TRADICIONAL

E para rematar un curso tan redondo, un bonito día de relax compartindo xogos tradicionais, dos de toda a vida, con amigos e compañeiros.

BO VERÁN!! FELICES VACACIÓNS A TODOS QUE BEN O MERECEDES!!!!!!


XOGO TRADICIONAL on PhotoPeach

EXCURSIÓN FIN DE CURSO

Dolmen de Dombate, salto do río Xallas, Carnota....
Que peniña máis grande que temos, que velaí vai o curso.... Non é certo!! Estes nenos e nenas que tanto traballaron merecen xa un descanso, e que mellor maneira de celebralo que cunha xornada de convicencia fora do colexio. Que ben o pasamos!!!
Póñovos dous enlaces a fotos

lunes, 17 de junio de 2013

ASÍ REMABA, ASÍ, ASÍ ....

Unha das actividades máis divertidas do 3º ciclo sempre é a de piragüismo. Haille que decir ao señor Wert, que xa que está coa reforma educativa, que aproveite e inclúa esta actividade como asignatura para o curso que ven, non si? Gostaríavos? Seguro que sacábades boísimas notas!!!! PIRAGÜISMO 2013 on PhotoPeach

jueves, 30 de mayo de 2013

IDADE ANTIGA

Seguimos coa nosa viaxe pola historia e nos situamos hai 3.00 anos. Aparece a escritura e as primeiras grandes civilizacións. Na península sucede isto...


jueves, 16 de mayo de 2013

martes, 14 de mayo de 2013

A HISTORIA EN 3 MINUTOS

Propóñovos un reto!! Seredes capaces de explicar a historia do universo con palabras da mesma maneira que aquí se explica en imaxes???? Probade.

17 DE MAIO - DÍA DAS LETRAS GALEGAS

ROBERTO VIDAL BOLAÑO. Santiago 1950- 2002

Neste enlace tedes moita información. Premede na imaxe.

VIAXE POLA HISTORIA

ETAPAS DA HISTORIA
En Coñecemento do Medio iniciamos a última parte do camiño por este ano cunha apaixonante viaxe pola historia. Para empezar a facervos unha idea aquí vos queda un resumen das etapas da historia.

martes, 30 de abril de 2013

SERESÍN, SERESÁN

Érguete maio
que tanto dormiches
pasou o burro
e ti non o viches.
Seresín, seresán
que de noite virán.

Maio entra no Couceiro. É unha das tradicións máis bonitas nas que traballamos. Este ano, ademáis de facer o noso maio e inventar a cantiga, aprendimos a bailar a danza do biouteiro da man dunha mestra xa retirada do cole.
Convidamos a todas as familias que queiran compartir con nós esta tradición a que mañá, primeiro de maio, nos acompañen a presentar os nosos traballos ao certame que organiza o Concello de Pontedeume.
Que teñades un bonito e alegre mes das flores!!!!


Os maios no Couceiro on PhotoPeach

jueves, 25 de abril de 2013

VISISTA Á EXPOSICIÓN DOS TEMPLARIOS

A partires de agora, cada vez que vexamos algunha igrexa románica, castelo, convento ou construcción medieval imos buscar algún símbolo dos templarios nel. Seguro que o atopamos. Aquí en Pontedeume hai varios. Sabedes onde?


OS TEMPLARIOS EN PONTEDEUME on PhotoPeach

lunes, 22 de abril de 2013

SEMANA CULTURAL: Exposición dos Templarios



Iniciamos unha semana plagadiña de actos culturais. Un deles vai ser a visita á exposición sobre os Templarios exposta na Casa da Cultura de Pontedeume. Para ir un pouco informados sobre o tema podedes repasar os videos que xa vimos no cole.
1ª parte

3ª parte
4ª parte
2ª parte






martes, 9 de abril de 2013

ACCIÓN DE VERÁN



Aínda que non o pareza, o verán está ahí, á volta da esquina. Para aqueles que vos guste a aventura e queirades convivir con outros rapaces da vosa idade, entrade nesta páxina (premede na imaxe) para ver que posibilidades hai. Animádevos, hai campamentos moi divertidos!!!


martes, 12 de marzo de 2013

MULLER TRABALLADORA

O pasado 8 de marzo foi o Día Internacional da Muller. Para conmemorar esta data e recordar o que se leva andado e o que aínda queda por andar, as nenas e nenos do 3º ciclo fixemos uns murales que va quedar expostos no noso corredor. Cada muller representa unha parte do tema. Temos Mulleres Pioneiras, Mulleres na Historia, Mulleres actuais e Mulleres Eumesas. Esperamos que vos guste

REDUCIR, REUTILIZAR, RECICLAR

VISITA A A SOGAMA
Probablemente moitos deles só recorden desta visita o mal que cheiraba. Pero foi interesantísimo ver a cantidade de residuos de todo tipo que podemos xerar e aprender que todos nós temos unha responsabilidade co nosos planeta. Esperamos que a partires de agora teñan un pouco máis en conta as tres R na súa vida diaria Visita a Sogama on PhotoPeach

jueves, 14 de febrero de 2013

ENTROIDO 2013

Este ano o tema común foi o das PROFESIÓNS. Pasámolo en grande preparando os nosos disfraces, as coplas e as actuacións.


MONEY, MONEY, MONEY....

Disfrutade das nosas actuacións como disfrutamos nós.


lunes, 4 de febrero de 2013

MANDADIÑOS DE MANOLO

Hoxe houbo algún da clase que veu sen garavata e volveu para a casa cunha garavata pintada na cara. Di Manolo que mañá hai que traer calcetíns altos de cores así que o que non os traia, imaxinade o que vai levar na cara, jajaja

viernes, 1 de febrero de 2013

MANDADIÑOS DE MANOLO

Chega o Entroido e para esta semana xa sabedes que o esquelete Manolo empeza a mandar. Para o luns temos que buscar unha garavata. Pero non vale unha seria e formal!!! A ver o que atopades polos armarios...

ASÍ TRABALLA, ASÍ, ASÍ ....

Calquera o diría!!! Están encantados estudiando xeografía de España cos mapas interactivos do noso blog. Xogan e aprenden ao mesmo tempo!!


jueves, 31 de enero de 2013

COÑECEMOS O MEDIO

Este curso imos viaxar por España, por terra, mar e aire. Usaremos a nosa imaxinación e os nosos coñecementos. Como? Que aínda non vos sabedes as provincias, os ríos ou os montes? Non hai tempo que perder!!! Se ides ao profesor dixital, na parte dereita atoparedes un montón de mapas cos que xogar e aprender. Collede a mochila e a viaxar!!!

TALLER DE LITERATURA

Hoy en clase de castellano inventamos "limericks". Son poemas (un poco absurdos) que cumplen estas características:
- Primer verso: definimos al protagonista
- Segundo verso: indicamos sus características.
- Tercer y cuarto: realizamos un predicado.
- Quinto verso: aparece un epíteto final para nuestro protagonista.

Nos hemos divertido mucho y nos ha salido esto...

-->
El señor alcalde de Pontedeume
se tiró al río Eume,
se quedó muy resfriado
y con una trucha al lado,
el enfadado alcalde de Pontedeume.
(TODOS)
Un elefante de Madrid
estuvo con su esposa en Valladolid
vieron un león haciendo el pino,
mientras tomaban tortilla y vino,
¡qué viajero elefante de Madrid!
(CARMEN)
El bonito pájaro veneciano
atacó a un anciano,
el anciano se murió
y el otro tan ancho se quedó,
¡oh qué malvado pájaro veneciano!
(TODOS)
Una rata del país
en la ventana se hizo pis.
A una persona empapó
y la persona reclamó,
¡oh pobre rata del país!
(ANA)
Un abuelito de Nueva York
se hizo un bocata de jamón york
el insensato no le quitó el hueso,
y al rato ya estaba tieso,
pobrecito abuelito de Nueva York.
(TODOS)

Había un camarón catalán
que se enamoró de un pantalán.
Un día el pantalán tiraron
y al camarón pescaron,
vaya bobo camarón catalán.
(ADRIÁN)



miércoles, 30 de enero de 2013

PAZ, PAZ, PAZ

A pesares de que comenzou a chover no momento en que saíamos ao patio, celebramos o Día da Paz no Couceiro. Cantamos, bailamos, lemos o manifesto, soltamos as pombas e disfrutamos cos maravillosos "Paraugas pola Paz" que decoraron as profes, os nenos e nenas do 1º ciclo Que bonitos lles quedaron!!.

 Día da Paz on PhotoPeach

QUE DÍA É HOXE?

       O "Día Escolar da Non-violencia e a Paz", fundado en 1964 celébrase o 30 de xaneiro con motivo do aniversario da morte de Mahatma Gandhi, o home da 2alma grande" que coa súa loita pacífica e as súas accións de non-violencia conseguiu que a independencia do seu país natal, a India, se fixera realidade.
       Este día defende e promove o amor universal, a non-violencia, a tolerancia, o respecto por todos os dereitos humáns, a solidaridade e a Paz.

       Neste colexio queremos contribuir a que todos os días, non só o 30 de xaneiro, sexan o día da Paz. Así que estamos de celebración. Hoxe soltaremos pombas mensaxeiras, pintaremos mandalas, lembraremos a Gandhi