Ola a tod@s! Benvid@s a esta nova aventura escolar. Neste espazo irémonos atopando durante iste curso. Compartiremos experiencias, traballos, actividades, curiosidades..., e amosarémosllas a todos aqueles que queiran asomarse á nosa xanela. Espero que disfrutedes aprendendo e compartindo!! Ata pronto.
jueves, 27 de junio de 2013
XOGO TRADICIONAL
E para rematar un curso tan redondo, un bonito día de relax compartindo xogos tradicionais, dos de toda a vida, con amigos e compañeiros.
BO VERÁN!! FELICES VACACIÓNS A TODOS QUE BEN O MERECEDES!!!!!!
XOGO TRADICIONAL on PhotoPeach
BO VERÁN!! FELICES VACACIÓNS A TODOS QUE BEN O MERECEDES!!!!!!
XOGO TRADICIONAL on PhotoPeach
EXCURSIÓN FIN DE CURSO
Dolmen de Dombate, salto do río Xallas, Carnota....
Que peniña máis grande que temos, que velaí vai o curso.... Non é certo!! Estes nenos e nenas que tanto traballaron merecen xa un descanso, e que mellor maneira de celebralo que cunha xornada de convicencia fora do colexio. Que ben o pasamos!!!
Póñovos dous enlaces a fotos

lunes, 17 de junio de 2013
ASÍ REMABA, ASÍ, ASÍ ....
Unha das actividades máis divertidas do 3º ciclo sempre é a de piragüismo. Haille que decir ao señor Wert, que xa que está coa reforma educativa, que aproveite e inclúa esta actividade como asignatura para o curso que ven, non si? Gostaríavos? Seguro que sacábades boísimas notas!!!!
PIRAGÜISMO 2013 on PhotoPeach
martes, 11 de junio de 2013
jueves, 30 de mayo de 2013
IDADE ANTIGA
Seguimos coa nosa viaxe pola historia e nos situamos hai 3.00 anos. Aparece a escritura e as primeiras grandes civilizacións. Na península sucede isto...
jueves, 16 de mayo de 2013
martes, 14 de mayo de 2013
A HISTORIA EN 3 MINUTOS
Propóñovos un reto!! Seredes capaces de explicar a historia do universo con palabras da mesma maneira que aquí se explica en imaxes???? Probade.
VIAXE POLA HISTORIA
ETAPAS DA HISTORIA
En Coñecemento do Medio iniciamos a última parte do camiño por este ano cunha apaixonante viaxe pola historia. Para empezar a facervos unha idea aquí vos queda un resumen das etapas da historia.
En Coñecemento do Medio iniciamos a última parte do camiño por este ano cunha apaixonante viaxe pola historia. Para empezar a facervos unha idea aquí vos queda un resumen das etapas da historia.
martes, 30 de abril de 2013
SERESÍN, SERESÁN
Érguete maio
que tanto dormiches
pasou o burro
e ti non o viches.
Seresín, seresán
que de noite virán.
Maio entra no Couceiro. É unha das tradicións máis bonitas nas que traballamos. Este ano, ademáis de facer o noso maio e inventar a cantiga, aprendimos a bailar a danza do biouteiro da man dunha mestra xa retirada do cole.
Convidamos a todas as familias que queiran compartir con nós esta tradición a que mañá, primeiro de maio, nos acompañen a presentar os nosos traballos ao certame que organiza o Concello de Pontedeume.
Que teñades un bonito e alegre mes das flores!!!!
Os maios no Couceiro on PhotoPeach

jueves, 25 de abril de 2013
VISISTA Á EXPOSICIÓN DOS TEMPLARIOS
A partires de agora, cada vez que vexamos algunha igrexa románica, castelo, convento ou construcción medieval imos buscar algún símbolo dos templarios nel. Seguro que o atopamos. Aquí en Pontedeume hai varios. Sabedes onde?
OS TEMPLARIOS EN PONTEDEUME on PhotoPeach
OS TEMPLARIOS EN PONTEDEUME on PhotoPeach
lunes, 22 de abril de 2013
SEMANA CULTURAL: Exposición dos Templarios
martes, 9 de abril de 2013
ACCIÓN DE VERÁN
Aínda que non o pareza, o verán está ahí, á volta da esquina. Para aqueles que vos guste a aventura e queirades convivir con outros rapaces da vosa idade, entrade nesta páxina (premede na imaxe) para ver que posibilidades hai. Animádevos, hai campamentos moi divertidos!!!
martes, 12 de marzo de 2013
MULLER TRABALLADORA
O pasado 8 de marzo foi o Día Internacional da Muller. Para conmemorar esta data e recordar o que se leva andado e o que aínda queda por andar, as nenas e nenos do 3º ciclo fixemos uns murales que va quedar expostos no noso corredor. Cada muller representa unha parte do tema. Temos Mulleres Pioneiras, Mulleres na Historia, Mulleres actuais e Mulleres Eumesas. Esperamos que vos guste
REDUCIR, REUTILIZAR, RECICLAR
VISITA A A SOGAMA
Probablemente moitos deles só recorden desta visita o mal que cheiraba. Pero foi interesantísimo ver a cantidade de residuos de todo tipo que podemos xerar e aprender que todos nós temos unha responsabilidade co nosos planeta. Esperamos que a partires de agora teñan un pouco máis en conta as tres R na súa vida diaria Visita a Sogama on PhotoPeach

Suscribirse a:
Entradas (Atom)