Ola a tod@s! Benvid@s a esta nova aventura escolar. Neste espazo irémonos atopando durante iste curso. Compartiremos experiencias, traballos, actividades, curiosidades..., e amosarémosllas a todos aqueles que queiran asomarse á nosa xanela. Espero que disfrutedes aprendendo e compartindo!! Ata pronto.
jueves, 24 de enero de 2013
MONEY, MONEY, MONEY!!!!
ENTROIDO 2013. Para que vaiades practicando a vosa letra.... Por certo, creo que hai algún problema co enlace da música pero se ides a GOEAR e buscades Money de Liza Minelly xa podedes ir practicando
MONEY, MONEY, MONEY, MONEY!!!!!!!
MONEY, MONEY, MONEY, MONEY!!!!!!!
MONEY
(Música
de Money, de Liza Minelly e Joel Grey)
MONEY
fai todo xirar
todo
xirar, todo xirar
MONEY
fai todo xirar
ao
dereito e ao revés...
MONEY
fai todo xirar
todo
xirar, todo xirar
MONEY
fai todo xirar
ao
dereito e ao revés.
O
clin, clin clan, clin clan....
MONEY,
MONEY, MONEY, MONEY!!! MONEY, MONEY, MONEY, MONEY!!!!
1.
Se non tes con que mercar, 3. Todo isto rematou
construir ou
viaxar, xa non hai, se acabou
se o soldo non
che da, O teu diñeiro se esfumou
para máis,
para máis. Non cho dou, non cho dou.
2.
Ven ao banco a pedir 4. A burbulla estoupou
que
eu terei para ti e Rajoy recortou
diñeiriño
do de aquí ti no paro vas estar
cantidades pa'
aburrir!!! e desahuciado vas quedar.
MONEY
fai todo xirar
todo
xirar, todo xirar
MONEY
fai todo xirar
ao
dereito e ao revés...
e
do revés!!
MONEY,MONEY,
MONEY, MONEY,MONEY, MONEY, MONEY, MONEY..(BAILE)
MONEY,MONEY,
MONEY, MONEY,MONEY, MONEY, MONEY, MONEY..(BAILE)
(REPETIMOS AS
CATRO ESTROFAS)
MONEY
fai todo xirar
todo
xirar, todo xirar
MONEY
fai todo xirar
ao
dereito e ao revés...
MONEY,
MONEY, MONEY, MONEY. MONEY, MONEY, MONEY, MONEY..
ao
dereito e ao revés!!
martes, 22 de enero de 2013
MONEY, MONEY
Chega o Entroido e para ir practicando escoitade a música. A ver quen é quen de inventar a letra relacionándoa co noso disfraz...
jueves, 20 de diciembre de 2012
BO NADAL!!!!!
As mestras de 5º queremos desexarvos a todas as familias do noso alumnado que teñades unhas felices festas e un fantástico 2013.
Un bico grande a todos!!!!!!!
Mari e Natalia
RECOMENDACIÓNS DE GÜINO
Como todos os anos Güino deixa as súas recomendacións para este Nadal. Esperamos que vos gusten...
miércoles, 5 de diciembre de 2012
COÑECEMOS O MEDIO
O outro día falamos na clase do Big Bang, a orixe do universo. Neste video descubriredes que cando falamos de Universo temos que manexar números con moitísimos ceros - centos de miles de millóns- tanto para comprender o tempo como o tamaño. Expandide a vosa mente .......
jueves, 29 de noviembre de 2012
DISCURRE CACHOLA
Vaia tempo que vai!! Para aqueles de vos que estades aburridaos na casa podedes ir practicando con estes exercicios. Son moi divertidos. Discurre cachola que estás na escola!
miércoles, 28 de noviembre de 2012
CELSO EMILIO FERREIRO
Xa sabedes que estes días andivemos a traballar na vida e obra de Celso Emilio Ferreiro. Hoxe, xuntámonos cos de 5ºB e lle rendemos a nosa pequena homenaxe, lendo e recitando algún dos seus poemas. Logo colgamos os nosos traballos no taboleiro da lingua.
lunes, 26 de noviembre de 2012
COÑECEMOS O MEDIO
A TERRA
Estamos no interesantísimo tema da Terra. Cantas cousas hai que aprender! Canto mellor a coñezamos mais e mellor a coidaremos Ten que durar polo menos outros 4.500 millońs de anos.
viernes, 23 de noviembre de 2012
CELSO EMILIO FERREIRO
Este ano é o centenario de Celso Emilio Ferreiro. Na clase ímoslle rendir un pequeno homenaxe lendo algún dos seus poemas e facendo unha pequena exposición. Empezaremos por esta unidade didáctica que publicou a Xunta de Galicia
lunes, 19 de noviembre de 2012
QUERIDA BIBLIOTECA
Un dos recunchos máis bonitos que temos no centro é a nosa biblioteca. É un lugar máxico onde existen mundos infinitos e habitan seres fantásticos.
O pasado venres invitáronnos á súa reinauguración (proba a decilo rápido) porque un gran artista, Ito, decorouna con preciosísimas ilustracións. O mestre de ceremonias, Julio, contounos un conto . Mirade que atentísimos estabamos...
lunes, 12 de noviembre de 2012
¡¡ATENCIÓN, HUESO!!
Uno de los huesos duros de roer en primaria siempre es el de la acentuación. Como mejor se aprende a acentuar es acentuando :), por lo que haremos cientos, miles, millones de ejercicios. Así desarrollaremos y perfeccionaremos nuestra memoria visual y conseguiremos que las palabras nos salgan automáticamente bien, sin necesidad de pensar.
Empecemos por algo sencillo...
domingo, 11 de noviembre de 2012
INTERESANTE, INTERESANTE...
Con permiso da profe Mari, comparto este video sobre as Fragas, aparecido na TVG. Podemos aproveitar datos para o noso traballo sobre as Fragas do Eume. Interesante...
NON ESTÁ NOS LIBROS...
Compartir, convivir, cooperar... Disfrutar, participar, lembrar... Aprender do pasado e proxectar ao futuro.
No colexio non todo o que aprendemos está nos libros. Tamén temos tempo para incorporar as nosas tradicións no currículo e contribuir a que sigan vivas.
Pasámolo de medo!!!
miércoles, 7 de noviembre de 2012
COÑECEMOS O MEDIO
Semana outonal, húmida e fría. Pero este mércores amenceu despexado e soleado. Collimos os nosos cadernos de campo e marchamos para as Fragas do Eume. Nesta ocasión imos traballar sobre un ecosistema terrestre: un bosque atlántico costeiro. Queremos aprender a coñecer, disfrutar e conservar esta marabilla da natureza .
Houbo quen non deixou de escribir no seu caderno e quen recolleu follas de todo tipo do chan. Con todo o que recolleron os nosos sentidos e o que estudemos na clase faremos un traballo que xa vos mostraremos. Namentras, disfrutade das fotos.
Aproveito para recomendarvos a lectura de "No corazón do bosque" de Agustín Fernández Paz e descubriredes que nas Fragas do Eume hai algún habitante máis ainda que ninguén vos falou del...
Houbo quen non deixou de escribir no seu caderno e quen recolleu follas de todo tipo do chan. Con todo o que recolleron os nosos sentidos e o que estudemos na clase faremos un traballo que xa vos mostraremos. Namentras, disfrutade das fotos.
Aproveito para recomendarvos a lectura de "No corazón do bosque" de Agustín Fernández Paz e descubriredes que nas Fragas do Eume hai algún habitante máis ainda que ninguén vos falou del...
Suscribirse a:
Entradas (Atom)





