Benvida

Ola a tod@s! Benvid@s a esta nova aventura escolar. Neste espazo irémonos atopando durante iste curso. Compartiremos experiencias, traballos, actividades, curiosidades..., e amosarémosllas a todos aqueles que queiran asomarse á nosa xanela. Espero que disfrutedes aprendendo e compartindo!! Ata pronto.

lunes, 1 de julio de 2013

RECOMENDACIÓNS PARA O VERÁN

Durmir moito, xogar cos amigos, facer deporte, ir á praia, desfrutar da familia, descansar, vaguear.... e se aínda vos sobra algo de tempo, xogar coas actividades deste libro, interesante e divertido.
Premede na imaxe.



MATERIAL PARA 6º. 2013-2014



2 libretas de espiral tamaño folio raiadas con marxe
2 libretas de espiral tamaño folio cuadriculadas con marxe.
1 estoxo con lapis, bolígrafos azul, negro e vermello, tesoiras, goma, afialapis e pegamento de barra
12 lápices de cores
1 paquete de ceras brandas (manley)
1 paquete de ceras duras (plastidecor).
1 arquivador grande de 2 aneis e con separadores.
Regra, escuadra, cartabón e transportador de ángulos.
Compás.
1 bloc de debuxo de 2 aneis tamaño folio
1 carpeta de gomas tamaño folio

Relixión : 1 libreta grande, raiada ou cuadriculada. Se teñen a do ano pasado en bo estado, vale.
Música: Lembrade que tedes as libretas do ano anterior na clase.

NOTA: Todo o material do ano pasado que estea en bo estado, serve para este. Só hai que mercar novas as 4 libretas. O demáis pódese aproveitar. Lembrade que para artística non hai que mercar nada novo: continuaremos co mesmo libro, block e material.

jueves, 27 de junio de 2013

XOGO TRADICIONAL

E para rematar un curso tan redondo, un bonito día de relax compartindo xogos tradicionais, dos de toda a vida, con amigos e compañeiros.

BO VERÁN!! FELICES VACACIÓNS A TODOS QUE BEN O MERECEDES!!!!!!


XOGO TRADICIONAL on PhotoPeach

EXCURSIÓN FIN DE CURSO

Dolmen de Dombate, salto do río Xallas, Carnota....
Que peniña máis grande que temos, que velaí vai o curso.... Non é certo!! Estes nenos e nenas que tanto traballaron merecen xa un descanso, e que mellor maneira de celebralo que cunha xornada de convicencia fora do colexio. Que ben o pasamos!!!
Póñovos dous enlaces a fotos

lunes, 17 de junio de 2013

ASÍ REMABA, ASÍ, ASÍ ....

Unha das actividades máis divertidas do 3º ciclo sempre é a de piragüismo. Haille que decir ao señor Wert, que xa que está coa reforma educativa, que aproveite e inclúa esta actividade como asignatura para o curso que ven, non si? Gostaríavos? Seguro que sacábades boísimas notas!!!! PIRAGÜISMO 2013 on PhotoPeach

jueves, 30 de mayo de 2013

IDADE ANTIGA

Seguimos coa nosa viaxe pola historia e nos situamos hai 3.00 anos. Aparece a escritura e as primeiras grandes civilizacións. Na península sucede isto...


jueves, 16 de mayo de 2013

martes, 14 de mayo de 2013

A HISTORIA EN 3 MINUTOS

Propóñovos un reto!! Seredes capaces de explicar a historia do universo con palabras da mesma maneira que aquí se explica en imaxes???? Probade.

17 DE MAIO - DÍA DAS LETRAS GALEGAS

ROBERTO VIDAL BOLAÑO. Santiago 1950- 2002

Neste enlace tedes moita información. Premede na imaxe.

VIAXE POLA HISTORIA

ETAPAS DA HISTORIA
En Coñecemento do Medio iniciamos a última parte do camiño por este ano cunha apaixonante viaxe pola historia. Para empezar a facervos unha idea aquí vos queda un resumen das etapas da historia.

martes, 30 de abril de 2013

SERESÍN, SERESÁN

Érguete maio
que tanto dormiches
pasou o burro
e ti non o viches.
Seresín, seresán
que de noite virán.

Maio entra no Couceiro. É unha das tradicións máis bonitas nas que traballamos. Este ano, ademáis de facer o noso maio e inventar a cantiga, aprendimos a bailar a danza do biouteiro da man dunha mestra xa retirada do cole.
Convidamos a todas as familias que queiran compartir con nós esta tradición a que mañá, primeiro de maio, nos acompañen a presentar os nosos traballos ao certame que organiza o Concello de Pontedeume.
Que teñades un bonito e alegre mes das flores!!!!


Os maios no Couceiro on PhotoPeach

jueves, 25 de abril de 2013

VISISTA Á EXPOSICIÓN DOS TEMPLARIOS

A partires de agora, cada vez que vexamos algunha igrexa románica, castelo, convento ou construcción medieval imos buscar algún símbolo dos templarios nel. Seguro que o atopamos. Aquí en Pontedeume hai varios. Sabedes onde?


OS TEMPLARIOS EN PONTEDEUME on PhotoPeach

lunes, 22 de abril de 2013

SEMANA CULTURAL: Exposición dos Templarios



Iniciamos unha semana plagadiña de actos culturais. Un deles vai ser a visita á exposición sobre os Templarios exposta na Casa da Cultura de Pontedeume. Para ir un pouco informados sobre o tema podedes repasar os videos que xa vimos no cole.
1ª parte

3ª parte
4ª parte
2ª parte






martes, 9 de abril de 2013

ACCIÓN DE VERÁN



Aínda que non o pareza, o verán está ahí, á volta da esquina. Para aqueles que vos guste a aventura e queirades convivir con outros rapaces da vosa idade, entrade nesta páxina (premede na imaxe) para ver que posibilidades hai. Animádevos, hai campamentos moi divertidos!!!