Benvida

Ola a tod@s! Benvid@s a esta nova aventura escolar. Neste espazo irémonos atopando durante iste curso. Compartiremos experiencias, traballos, actividades, curiosidades..., e amosarémosllas a todos aqueles que queiran asomarse á nosa xanela. Espero que disfrutedes aprendendo e compartindo!! Ata pronto.

martes, 30 de abril de 2013

SERESÍN, SERESÁN

Érguete maio
que tanto dormiches
pasou o burro
e ti non o viches.
Seresín, seresán
que de noite virán.

Maio entra no Couceiro. É unha das tradicións máis bonitas nas que traballamos. Este ano, ademáis de facer o noso maio e inventar a cantiga, aprendimos a bailar a danza do biouteiro da man dunha mestra xa retirada do cole.
Convidamos a todas as familias que queiran compartir con nós esta tradición a que mañá, primeiro de maio, nos acompañen a presentar os nosos traballos ao certame que organiza o Concello de Pontedeume.
Que teñades un bonito e alegre mes das flores!!!!


Os maios no Couceiro on PhotoPeach

jueves, 25 de abril de 2013

VISISTA Á EXPOSICIÓN DOS TEMPLARIOS

A partires de agora, cada vez que vexamos algunha igrexa románica, castelo, convento ou construcción medieval imos buscar algún símbolo dos templarios nel. Seguro que o atopamos. Aquí en Pontedeume hai varios. Sabedes onde?


OS TEMPLARIOS EN PONTEDEUME on PhotoPeach

lunes, 22 de abril de 2013

SEMANA CULTURAL: Exposición dos Templarios



Iniciamos unha semana plagadiña de actos culturais. Un deles vai ser a visita á exposición sobre os Templarios exposta na Casa da Cultura de Pontedeume. Para ir un pouco informados sobre o tema podedes repasar os videos que xa vimos no cole.
1ª parte

3ª parte
4ª parte
2ª parte






martes, 9 de abril de 2013

ACCIÓN DE VERÁN



Aínda que non o pareza, o verán está ahí, á volta da esquina. Para aqueles que vos guste a aventura e queirades convivir con outros rapaces da vosa idade, entrade nesta páxina (premede na imaxe) para ver que posibilidades hai. Animádevos, hai campamentos moi divertidos!!!